1ª Xornada de liga de augas abertas; Silgar

1ª Xornada de liga de augas abertas; Silgar

     Este próximo fin de semana, o sábado día 9 desputarase a 1ª xornada de liga de augas abertas na praia de Silgar (Sanxenxo). A competición dividirase en dúas sesións; pola mañá participarán as categorías xuvenil-júnior-sénior sendo o quecemento as 09:00 h. e o inicio da competición as 10:00 h. O noso clube citou a 26 deportistas de estas categorías para participar no campionato. Por outra parte, na sesión da tarde participarán as categorías infantil-cadete, na que terá lugar as 14:30 h. o quecemento e as 15:30 h. o inicio da competición. Para esta sesión, o noso clube desplazará a 32 deportistas de estas dúas categorías.

As probas que se realizarán na sesión da mañán serán:

– Carreira con ski

– Carreira con táboa

– Bandeiras

– Relevo de Sprint

Na sesión da tarde, as probas a realizar serán:

– Sprint

– Relevo de Sprint

– Nadar-surf

Dende aquí desexamos que os nosos deportistas cumplan as expectativas mostradas nos adestramentos realizados ata o momento!