Aberto prazo para inscripción no SYSCAMP14

Aberto prazo para inscripción no SYSCAMP14

Un ano máis a nosa entidade realiza o Campamento de Salvamento SYSCAMP, no que se combina o deporte do salvamento deportivo con diferentes actividades lúdicas, deportivas e de demostración da práctica profesional do salvamento (RCP, primeiros auxilios, charlas con profesionais…)

O respeto das normas de convivencia e cara os demais compañeiros e campistas, así como a colaboración e o establecemento de lazos de amizade foron a base principal para que esta iniciativa – que xurdiu no ano 2000 coa súa primeira edición –  se consolidase como un referente para diferentes eventos que naceron a posteriori.

SYSCAMP 14

Queres vir ao SYSCAMP14? Toma nota

LUGAR: Cabana de Bergantiños
DATAS: 27 xullo ao 03 de agosto
IDADES: de 8 a 14 anos
PREZO: 150€

Se queres recibir máis información contáctanos no email clubsysca@yahoo.es