Áreas

areas-escola ESCOLA DE SALVAMENTO

A Escola de Salvamento acolle a nenos e nenas de 3 a 8/9 anos, nos niveis de iniciación, onde se acostuman ao medio acuático e inician movementos básicos; aprendizaxe, xa cun nivel de esixencia maior, onde aprenden patada e brazada en todos os estilos e os primeiros exercicios na coordinación da respiración; perfeccionamento para establecer as técnicas de nado final a todos os estilos, mariposa, espalda, braza, crol e arrastre; iniciación a competición, con exercicios técnicos basados en probas deportivas como probas de aletas, floppy, maniquí ou obstáculos e perfeccionameto do nado.
A coordinación das actividades lévaa a cabo o Director da Escola, cargo que actualmente ocupa Juan Manuel Andrade Couto. Xunto a el os monitores Verónica Naya Rama e J. Luis Velo Rodríguez.

 

 

areas-deportivoSALVAMENTO DEPORTIVO

Foron moitos os recoñecementos deportivos obtidos polo club e os seus deportistas dende os seus inicios na competición no ano 1992. Conta nas súas filas con varios deportistas chamados pola selección galega de salvamento tanto para competicións a nivel nacional como internacional e varios deportistas foron convocados pola Federación Española de Salvamento para una concentración de talentos. Na actualidade contamos cunha deportista que recibiu a convocatoria  da selección española para ser concentrada co resto de talentos a nivel nacional, o que lle outorga a distinción de ser a primeira persoa do clube que acude a unha concentración nacional con chamada directa. Foi declarada recentemente Deportista Galega de Alto Nivel.  Nas vindeiras tempadas centrarémonos en mellorar no máximo posible os resultados e seguir mantendo o bo nivel amosado ao longo destos anos de competición.
Actualmente a dirección da área deportiva corresponde ao Director Técnico, cargo ocupado por J. Luis Velo Rodríguez.

 

areas-profesionalSALVAMENTO PROFESIONAL

No ámbito profesional o club aporta a difusión da profesión de socorrista e ao seu valor mediante cursos prácticos de iniciación ao salvamento profesional a través do salvamento deportivo e con prácticas en praias cun equipo de socorrismo cualificado. Na actualidade o club realizou un curso de 2 meses de duración no concello de Cabana de Bergantiños para rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos, no que aprenderon a empregar material de salvamento e realizaron probas de salvamento deportivo en augas abertas e pechadas.
No tocante ás prácticas, dende o ano 1999 e, a excepción dun ano, os deportistas do club SYSCA maiores de 14 anos realizan prácticas co equipo de socorrismo da praia de Razo, no Concello de Carballo, onde aprenden a diferenciar correntes no medio mariño, protocolos de actuación ante rescates e de prevención para evitar situacións de perigo.

 

 

jpg (9)

NATACIÓN ADAPTADA

Dende o ano 2014/15, o noso clube converteuse no 1º clube galego en crear unha área para deportistas de diversidade funcional. O obxectivo de esta área é o de iniciar no mundo da natación, perfeccionar as técnicas de nado e realizar exercicios específicos adaptados para mellorar a calidade de vida de estas persoas con diversidade funcional. Na actualidade xa contamos con un total de 12  deportistas en esta sección que van dende os 4 ata os 25 anos. Como proposta de cara a temporada que ven, está a de conseguir que estos deportistas poidan participar e competir en diferentes xornadas de liga a nivel galego en salvamento acuático deportivo donde poidan demostrar o seu afán de superarse no día a día. A coordinación de esta sección lévaa a cabo o Director da Escola, Juan Manuel Andrade Couto. Xunto a el os monitores Verónica Naya Rama e Inés Blanco.