Carlos Servando 2016

carloserv2016

ARQUIVOS PARA DESCARGA: Dossier Carlos Servando 2016 | Cartel CS 2016

     Coa súa primeira edición no ano 1992, o Memorial Carlos Servando é o evento pioneiro do salvamento deportivo en Galicia. Foi a primeira proba de salvamento que se celebrou na comunidade galega que recollía probas propias desta disciplina que, nese intre, non era tan coñecida como nos tempos nos que estamos a vivir.

Esta proba nace dous anos despois da creación do club SYSCA, organizador da mesma. Nel militaban os socorristas que coidaban e vixiaban aos bañistas da praia de Razo, no  concello de Carballo. Entre este grande grupo de profesionais e amigos estaba Carlos  Servando, o cal faleceu traxicamente nun accidente de tráfico. Ante esta circunstancia os seus compañeiros quixeron rendirlle homenaxe ao seu traballo como socorrista realizando un evento que, logo de moitos anos, segue a ter gran recoñecemento.

Damos este ano un novo carácter deportivo ao evento, coa premisa de conseguir que recolla os principios de axuda, colaboración, humanidade… e todo aquilo que vaia asociado á importante e esencial figura do socorrista acuático. É por iso que trocamos o aspecto individual e convertimos este memorial nunha COMPETICIÓN DE PROBAS DE RELEVOS.

Agardamos que este novo cambio axude a integrar ese aspecto esencial da colaboración e traballo en grupo para obter resultados óptimos, tanto a nivel deportivo como persoal  e para continuar exitosamente coas novas edicións do Carlos Servando.

AGARDAMOS A TÚA PARTICIPACIÓN!

Para máis información contacta no 678 607 294 (Luis Velo) ou a través do correo sysca.club@gmail.com