Concentración dos deportistas en Cabana

Concentración dos deportistas en Cabana

     O director técnico do clube, Luis Velo, convocou ós deportistas absolutos para unha concentración deportiva de tres días en Cabana. A saída efectuarase o domingo as 19:00 da piscina Carballo Calero e a volta será o mércores sobre 19:30-20:00. Alí estarán en convivencia todos xuntos e realizando un planning de adestramentos de 6 horas diarias onde o obxetivo será fundamentalmente a familiarización e práctica co material de augas abertas e adquisión e perfeccionamento das técnicas de competición. Como novidade con respeto a anos anteriores, este ano tamén estarán os cadetes, dos que será o responsable o director da escola e adestrador deles, Juan Andrade, e realizaran 5 horas de adestramentos diarias.
Todos os deportistas convocados (arredor de 35 deportistas) xa están en coñecemento de todas as normas de obrigado cumprimento e agardando con ilusión o día de acudir a dita cita. Desexamos que sexan unhas xornadas productivas para todos eles e aproveiten o tempo ó máximo para adquirir novas técnicas e coñecementos.