Convocatoria socorristas Carballo 2016

Convocatoria socorristas Carballo 2016

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO

PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: ATÉ O 2 DE MAIO INCLUSIVE

Bases para a contratación en réxime laboral temporal de 35 socorristas para a Unidade de Salvamento e Socorrismo Acuático

Descrición: O Concello de Carballo publica as bases para a contratación en réxime laboral temporal de 35 socorristas para a Unidade de Salvamento e Socorrismo Acuático que prestará servizo nas praias do municipio. A modalidade contractual será a de un contrato laboral temporal de duración determinada, por obra ou servizo determinado e a súa duración será de 3 meses, contados a partir da súa sinatura. As retribucións mensuais serán de mil douscentos sete euros con once céntimos (1.207,11€) para a categoría de socorrista coordinador/a e de mil cento trinta e un euros con trece céntimos (1.131,13€) para a categoría de socorrista oficial de 2ª, por tódolos conceptos, incluída a prorrata de pagas extraordinarias.

O sistema de provisión será o de concurso-oposición libre.

Os interesados e interesadas poden consultar as bases ao completo en pdf nesta mesma convocatoria.

Prazo: As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo deberán facerse mediante instancia dirixida ao sr. Alcalde e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello en horas de oficina no prazo de 20 días naturais que se iniciará ao día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP. O anuncio publicouse no Boletín Oficial da Provincia o 11 de abril polo que o prazo está aberto entre o 12 de abril e o 2 de maio de 2016, ámbolos dous inclusive.