Finalizado o Cto. de España Infantil e Cadete AP 2015

Finalizado o Cto. de España Infantil e Cadete AP 2015

Finalizou o Cto. de España de Inverno Infantil e Cadete 2015, cuns resultados moi positivos para os representantes do Club SYSCA.

Os deportistas desplazados foron Jànhavi Jordana, Javier Agrelo e Manuel García en categoría infantil e Alejandra Iglesias, Raquel Barbeito e Valeria Gesto na categoría cadete. Todos eles mantivéronxe ou melloraron os tempos nas probas das que acadaran a mínima para poder acudir á cita no complexo de piscinas de Parquesol, en Valladolid. Con eles acudía Noelia Vázquez como adestradora e Verónica Naya como auxiliar e membro da directiva. Como unha das notas salientables temos os resultados e tempos do equipo cadete feminino, con posicións destacadas nas probas de 4×12,5 arrastre manequín (1’00”11) e 4×50 tubo de rescate (2’12”15), quedando en 9ª posición na clasificación xeral nesta última. En breve estarán de volta en Carballo, onde os agardaremos con parabéns polo seu esforzo e posterior resultado.

Será tamén nesta semana o intre para as categorías xuvenil, xúnior e absoluto onde o vindeiro venres desprazaremos a Ourense a un total de 8 deportistas: Marcos Souto, Iago Abelenda, Jorge Blanco, Inés Lema, Lola Ramos e Valeria Gómez en categoría xuvenil, Adrián Martínez en xúnior e Daniel Suárez en absoluto. Con eles acudirán Oscar Vázquez como primeiro adestrador e Noelia Vázquez como segunda adestradora. Desexamos que teñan unha experiencia positiva e que o seu esforzo diario se vexa recompensado co mellor resultado posible. Moita sorte!