Historia

SYSCA Salvamento y Socorrismo Carballo

1º club de salvamento de Galicia

O Club de Salvamento e Socorrismo de Carballo SYSCA fundouse o 8 de maio de 1990. Naceu co obxectivo principal de que os monitores da pisicina municipal de Carballo e os socorristas das praias de Razo e Baldaio tivesen una preparación física idónea para o desempeño das súas funcións. A primeira xunta directiva estivo formada por oito persoas: Rafael García Torres (presidente), Manuel García Bello, Juan M. de Carlos Neira, Carlos Servando Fernández Díaz, Juan M. Villaverde Varela e César Arantón Areosa (vocais), un vicepresidente e un secretario.

Durante ese período aconteceu algo que afectou con severidade aos membros da recén estreada entidade: o falecemento de Carlos Servando Fernández Díaz por mór dun accidente de tráfico. Dende ese intre pasou a ser membro de honra e, pouco tempo despois pasaría a formar parte da memoria colectiva a través da celebración do campionato de salvamento Memorial Carlos Servando, cuxa primeira edición –no ano 1992– sería a primeira proba de salvamento deportivo en Galicia. A día de hoxe segue a celebrarse este campeonato, cuxa última edición data en setembro de 2015 e do que xa contan 21 edicións (non se celebrou no 2009, 2010 e 2011).

En 1998 fúndase a Escola de Verán de Salvamento –actualmente nomeada Escola de Salvamento–. No ano 1999 a entidade recibe o recoñecemento de BERGANTIÑÁN DO ANO 1999, polo carácter humano do salvamento e pola difusión do mesmo por parte do SYSCA.

Na actualidade o SYSCA divídese en catro áreas: a Escola de Salvamento, a Área Deportiva (competición), a Área Profesional (cursos de iniciación e coñecemento do salvamento, prácticas con socorristas) e a Área de Natación Adaptada (natación para persoas con diversidade funcional). O obxectivo para os vindeiros anos céntrase en axudar a que o salvamento siga medrando e na súa difusión para melloralo tanto a nivel deportivo como profesional.

Directiva

Presidente

Marcos Puñal

Secretario

Moisés Periscal

Tesoureira

Sandra Puga

Vogais

Manuel García
Javier Agrelo
Manuel Campos
José Martínez
Ana Pazos
José Manuel Mouro
Elena Alcoba
Robert Cerviño
Dina Colferai
Juan Lavandeira
Silvia Lamas

Equipo técnico

Director Técnico

Diego López

Adestradores

David Orgeira Seoane
Manuel Verdía
Luz González
Andrea Mata
Gabriel Rodríguez

Director Nat. Adaptada

Manuel Verdía