HORARIOS PROVISIONAIS

HORARIOS PROVISIONAIS

Repostos xa do sobresalto que nos supuxo o incendio do pasado venres na piscina Carballo Calero, deixámosvos aquí os horarios provisionais para a semana do 27 ao 31 de outubro para os grupos: Cadete de 2º Ano, Xuvenil, Xúnior e Sénior.

Vémonos na obriga de agardar ata mañá para confirmar os horarios para os grupos Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete de 1º Ano, xa que precisaremos de espazos pechados dos que estamos á espera de confirmación por parte do concello, pois esta semana non teremos tan bo clima como nas anteriores, polo que non poderemos adestrar á intemperie. TENTAREMOS CONFIRMÁRVOLOS COA MAIOR BREVIDADE POSIBLE.

Os horarios para os grupos Cadete de 2º Ano, Xuvenil, Xúnior e Sénior son os seguintes:

LUNS A VENRES

De 22:30 a 23:30

PISCINA VILA DE NOIA (preto do instituto Alfredo Brañas)

Comezo da actividade: martes 28/10/2014

 

Os horarios para o resto de grupos de competición serán confirmados en breve (agardamos que sexa durante a xornada do martes 28/10/2014).

O equipo de adestradores, monitores e directiva agradecemos a vosa paciencia e comprensión logo deste pequeno susto e recordámosvos que para calquera dúbida ou consultas podedes contactarnos polos teléfonos e medios que aparecen na área de contacto.