O Sysca participou na Concentración de Talentos de Xixón

O Sysca participou na Concentración de Talentos de Xixón

O Sysca foi un dos seis clubes españois seleccionados para participar na Concentración de Talentos organizada polo club Salvamento y Socorrismo Gijón. Alejandra Iglesias, Jorge Blanco, Marcos Souto e Lola Ramos, todos eles de categoría cadete, integraron o equipo carballés. A nivel individual, Jorge Blanco acadou o terceiro posto na proba deseñada especificamente para a concentración pola entidade anfitrioa. Na competición por equipos, o Sysca acadou tamén o bronce malia ter que medirse a rivais da categoría sénior. A expedición carballesa regresou con moi boas sensacións da innovadora experiencia, que se celebrou dende o xoves ata o sábado, e disposta a iniciar hoxe luns os adestramentos oficiais da nova tempada.