Prácticas de salvamento profesional 2014

Prácticas de salvamento profesional 2014

Un ano máis, e coa colaboración de Protección Civil Carballo e o Servizo de Socorrismo da praia de Razo, voltamos a realizar prácticas de carácter profesional e de aprendizaxe para todos aqueles deportistas do SYSCA que estean interesados en aprender ‘in situ’ o funcionamento dun servizo de socorrismo e vixilancia que, neste caso, se da nunha praia cunha grande afluencia de bañistas e deportistas de actividades acuáticas.

Para poder acceder existen unha serie de requisitos mínimos a cumprir. Enumerámolos:

– Ser deportista da entidade SYSCA
– Ter cumplidos os 14 anos ou máis

Tod@s aqueles deportist@s que estean interesados en realizar as prácticas, que llo comuniquen ao adestrador para que recolla a súa petición.

PRAZO FINAL INSCRICIÓN: Venres, 20 de xuño