Resumo da reunión do 14/11/2014

Resumo da reunión do 14/11/2014

Con ánimo de que a información poida chegar tamén a aqueles socios que,  por diversas causas,  lles foi imposible acudir á reunión do 14/11/2014 resumimos a continuación os puntos tratados na reunión do 14/11/2014.

Primeiramente recordarvos que o martes 11/11/2014 mantivemos unha reunión co concelleiro de deportes, o responsable de instalacións de Carballo Deporte, dous representantes do SYSCA e un representante da outra entidade involucrada no uso da piscina. Nesa reunión explicousenos a situación actual das instalacións, a data de apertura da piscina ao público e os trámites necesarios e plazos para o funcionamento ao 100% de todas as dependencias.

Nesa reunión tamén se acordaron unha serie de puntos que os clubes debemos respetar  e entre os cales se atopa o uso das dependencias habilitadas como vestiarios. Por mór do límite de espazo nestes vestiarios determinousenos que os nen@s de escola menores de 6 anos non poderían ter acceso á instalación polas seguintes causas:

  • Os vestiarios serán habilitados por sexos: masculino ou feminino. Non haberá vestiarios de espazo para grupos, polo que os pais non poderían entrar no feminino a cambiar ás súas fillas nin as nais no masculino aos seus fillos.
  • Sumado a isto está a falta de espazo das propias estancias, que deberán albergar simultaneamente a usuarios de público da piscina, deportistas do SYSCA, deportistas da outra entidade e usuarios de Sala Fitness, polo que non sería viable albergar a todos os nenos de escola neles e, sobre todo, a aqueles que precisen acudir cun acompañante.

Ao darse esta circunstancia e verse obrigado o club a ter que prescindir das clases dos grupos con nenos de escola no rango de idade antes mencionado, determinouse en reunión da directiva que os socios da escola de salvamento con nen@s de 3 a 6 anos obterán unha reducción da cuota mensual ata que se restablecese o uso normal da instalación (previsiblemente e segundo información do concello, no mes de xaneiro). Pasarían entón as cuotas a quedar do seguinte xeito: 12€ (para os que pagaban 23€-2 días) e 7€ (para os que pagaban 12€ – 1 día), coa única intención de cubrir os gastos mensuais do clube que non podería cubrir tan só os deportistas de competición.

Todos aqueles/as nen@s da escola de salvamento de 7 anos ou maiores terán as clases no horario e días habituais, sempre e cando non precisen dun acompañante nos vestiarios. Todos aqueles nenos que se atopen na idade límite (a piques de cumprir 7 anos) e se cambien sós, poden contactar con nós para solucionar dúbidas.

Para os deportistas de grupos de competición os horarios seguirán sendo os mesmos.

A actividade para estos grupos comezará o día 17/11/2014.

Os adestradores/monitores do clube acudirán frecuentemente aos vestiarios co fin de paliar calquer necesidade dos deportistas e para asegurarse de que se cumplen unhas normas de convivencia e uso das instalacións acordes ao reducido espazo do que disporemos. A fin tamén de aproveitar ao máximo as instalacións, todos os deportistas deberán gardar a súa roupa nas mochilas e levala á grada, onde teremos reservado un lugar onde situalas, gañando así espazo o vestiario durante as horas de adestramento/aprendizaxe.

 

Agradecemos encarecidamente o voso compromiso e comprensión trala situación actual, causada polo incendio do pasado 24 de outubro e agardamos que a normalidade na actividade volte o antes posible.