Prácticas de salvamento

Todos os anos deportistas do club Sysca, que teñan 14 anos ou máis, poden participar nas prácticas de salvamento que se organizan, durante os meses de xullo e agosto, no areal da praia de Razo, no concello de Carballo, co apoio de Protección Civil Carballo e sempre baixo as ordes dos socorristas profesionais que están traballando durante os meses de verán.

Son prácticas por parellas de duración aproximada de 4 horas cada día, na que o principal obxetivo é orientar a estos deportistas para que no futuro se poidan formar profesionalmente como socorristas titulados e poidan traballar en calquera dos nosos areais da Costa da Morte.