SYSCAMP 2016 – Campamento de Salvamento SYSCA

746px-Panorama_Ezaro

 

info-interior

Benvid@ ao SYSCAMP16!

Este ano, o concello de Dumbría colabora con SYSCA para realizar o SYSCAMP na fermosa praia do Ézaro.

Pensado para nen@s de 9 a 14 anos, este campamento de salvamento está orientado no salvamento deportivo, salvamento profesional, colaboración, convivencia, etc. As actividades relacionadas co socorrismo variarán dende os aspectos propios da disciplina deportiva (probas en area e auga con material de competición e adestramento…) ata coñecementos básicos do salvamento profesional (aprender a facer unha cura correctamente, aprender a sair dunha corrente na auga, introdución ao rcp…). Tamén gardaremos un espazo do tempo para actividades de ocio e lúdicas (xogos, creación dun video no que interveñen os campistas…) así como o recordo continuo de respecto entre os campistas, colaboración cos compañeir@s, responsabilidade do coidado das áreas de comedor e descanso, etc.

PREZO
185€

DATA
31 Xullo ao 07 de Agosto de 2016

Nº DE PRAZAS
17 prazas por rigurosa orde de inscrición

 


 GUSTARÍACHE VIR AO SYSCAMP16? Toma nota:

1. Descarga a ficha de inscrición cuxo enlace atoparás máis abaixo.
2. Imprímea e cubre os datos precisos
3. Escaneaa e envíanola cuberta ao correo sysca.club@gmail.com antes das 14:00 do día 25/07/2016

Así de sinxelo. Pero, por se tiveses algunha dúbida, podes contactar con nós a través dos seguintes teléfonos
678 607 294 (Luis Velo)
638 760 219 (Juan Andrade)
678 607 519 (Verónica)
ou a través do correo sysca.club@gmail.com

 

DESCARGA FICHA DE INSCRICIÓN

download12