Últimas novas Cto. España Alevín. Murcia

Últimas novas Cto. España Alevín. Murcia

A terceira e última xornada do Cto. de España Benxamín e Alevín deparou uns resultados excelentes, que axudaron a facer máis grande a aventura dos deportistas galegos en terras murcianas e, sobre todo, no areal de Los Narejos.

Ás medallas acadadas na segunda xornada hai que sumar os novos metais obtidos nesta última onde os alevíns galegos amosaron un grande dominio da proba de bandeiras pois, en alevín masculino foron 5 os depostistas galegos que lograron pasar á final e en alevín feminino a deportista do SYSCA Lucía García acadou un importante 12º posto que axudou moito ao club na suma de puntos da clasificación xeral.

Da final de alevín masculino saíron victoriosos 3 galegos, un do SYSCA e dous do SASA, que se repartiron os tres primeiros postos da seguinte maneira:

Álex (sasa) – Campión de España – OURO
Anxo (sysca) – Subcampión de España – PRATA
Roi (sasa) – 3º posto – BRONCE

Agora xa os temos camiño de volta a terras galegas, a onde chegarán para descansar o tempo xusto para o campionato galego de verán, que terá lugar o vindeiro sábado día 21 na praia de Bastiagueiro.

Noraboa!