SYSCAMP

SYSCA Salvamento y Socorrismo Carballo

Este último ano o Syscamp celebrouse no Albergue Municipal do concello de Cabama (Bergantiños), equipado con todas as comodidades para os campistas, e con acceso á praia a 1 min andando

Tamén, en anterores edcicións, este evento celebrouse no albergue municipal do concello de Dumbría, na mesmas inmediación da praia do Ézaro, cunhas vistas de envexa e uns acceso inmellorables.

Pensado para nen@s de 9 a 14 anos, este campamento de salvamento está orientado no salvamento deportivo, salvamento profesional, colaboración, convivencia, etc. As actividades relacionadas co socorrismo variarán dende os aspectos propios da disciplina deportiva (probas en area e auga con material de competición e adestramento…) ata coñecementos básicos do salvamento profesional (aprender a facer unha cura correctamente, aprender a sair dunha corrente na auga, introdución ao RCP…).

Tamén gardaremos un espazo do tempo para actividades de ocio e lúdicas (xogos, creación dun video no que interveñen os campistas…) así como o recordo continuo de respecto entre os campistas, colaboración cos compañeir@s, responsabilidade do coidado das áreas de comedor e descanso, etc.

¿GUSTARÍACHE VIR AO SYSCAMP ’19? Toma nota:

  • 1. Descarga a ficha de inscrición cuxo enlace atoparás máis abaixo.
  • 2. Imprímea e cubre os datos precisos.
  • 3. Escaneaa e envíanola cuberta ao correo clubsysca@yahoo.es

Así de sinxelo. Pero, por se tiveses algunha dúbida, podes contactar con nós a través dos seguintes teléfonos:

678 607 294 (Luis Velo)
678 607 519 (Verónica)

Ou a través do correo: clubsysca@yahoo.es