Áreas do club

Escola de salvamento

A escola de salvamento acolle a nenos e nenas de entre 3 a 7 e 8 anos, nos nivéis de iniciación

Nesta área os rapaces se acostuman ó medio acuático e inician movementos básicos; aprendizaxe, xa cun nivel de esixencia maior, onde aprenden patada e brazada en todos os estilos e os primeiros exercicios na coordinación da respiración; perfeccionamento para establecer as técnicas de nado final a todos os estilos, mariposa, espalda, braza, crol e arrastre; iniciación a competición, con exercicios técnicos basados en probas deportivas como probas de aletas, floppy, maniquí ou obstáculos e perfeccionameto do nado.

Salvamento deportivo

Foron moitos os recoñecementos deportivos obtidos polo club e os seus deportistas dende os seus inicios na competición no 1992

Conta nas súas filas con varios deportistas chamados pola selección galega de salvamento tanto para competicións a nivel nacional como internacional e varios deportistas foron convocados pola Federación Española de Salvamento para una concentración de talentos. Na actualidade contamos cunha deportista que recibiu a convocatoria da selección española para ser concentrada co resto de talentos a nivel nacional, o que lle outorga a distinción de ser a primeira persoa do club que acude a unha concentración nacional con chamada directa.

Foi declarada recentemente Deportista Galega de Alto Nivel. Nas vindeiras tempadas centrarémonos en mellorar no máximo posible os resultados e seguir mantendo o bo nivel amosado ó longo destos anos de competición. Actualmente a dirección da área deportiva corresponde ó Director Técnico, cargo ocupado por Luis Velo Rodríguez.

Salvamento profesional

O club aporta a difusión da profesión de socorrista, e ó seu valor mediante cursos prácticos de iniciación ó salvamento profesional, a través do salvamento deportivo e con prácticas en praias cun equipo de socorrismo cualificado

O club tamén realizou un curso de 2 meses de duración no concello de Cabana de Bergantiños para rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos, no que aprenderon a empregar material de salvamento e realizaron probas de salvamento deportivo en augas abertas e pechadas.

No tocante ás prácticas, dende o ano 1999 e, a excepción dalgún ano, os deportistas do club SYSCA maiores de 14 anos poden realizan prácticas co equipo de socorrismo da praia de Razo, no Concello de Carballo, onde aprenden a diferenciar correntes no medio mariño, protocolos de actuación ante rescates e de prevención para evitar situacións de perigo.

Natación adaptada

Dende finales do 2014, o noso club converteuse no 1º club galego en crear unha área para deportistas de diversidade funcional

O obxectivo de esta área é o de iniciar no mundo da natación, perfeccionar as técnicas de nado e realizar exercicios específicos adaptados para mellorar a calidade de vida de estas persoas con algún tipo de discapacidade funcional. Na actualidade xa contamos con un total de 18 deportistas en esta sección que van dende os 4 ata os 35 anos.

Dende a tempada 2016/17, son xa 16 deportistas de esta área, os que se animaron a participar e competir en diferentes xornadas de liga a nivel galego en salvamento acuático deportivo, adaptando sempre as probas ás suas capacidades, donde demostran o seu afán de superarse no día a día. A coordinación de esta sección lévaa a cabo Manuel Verdía Rial.