Memorial Carlos Servando

Coa súa primeira edición no ano 1992, o Memorial Carlos Servando é o evento pioneiro do salvamento deportivo en Galicia. Foi a primeira proba de salvamento que se celebrou na comunidade galega e que recollía probas propias desta disciplina que, nese intre, non eta tan coñecida coma nos tempos que estamos a vivir.

Esta proba nace dous anos despois da creación do club SYSCA, organizador da mema. Nel militaban os socorristas que coidaban e vixiaban aos bañistas da praia de Razo, no concello de Carballo. Entre este grande grupo de profesionais e amigos estaba Carlos Servando, o cal faleceu tráxicamente nun accidente de tráfico. Ante esta circunstancia os seus compañeiros quixeron rendille unha homenaxe ao seu traballo como socorrista realizando un evento que, logo de moitos anos, segue a ter gran recoñecemento.

Queremos de este evento, conseguir que recolla os principios de axuda, colaboración, humanidade, humildade … e todo aquilo que está asociado a importante e esencial figura de un socorrista acuático profesional, así que troncamos o aspecto individual e convertimos este evento nunha competición DE PROBAS DE RELEVOS.

Agardamos que este modelo de competición axude a integrar o aspecto esencial de colaboración e traballo en grupo para obter resultados óptimos, tanto deportistas como persoais e continuar así celebrando novas e exitosas edición de este Memorial Carlos Servando.

AGARDAMOS A TÚA PARTICIPACIÓN!

Para máis información contacta no 678 607 294 (Diego López Rey) ou a través do correo: sysca.club@gmail.com

Memorial Carlos Servando