Comenza a liga para o Club Sysca

“Actualmente, o Club Sysca conta con un total de 100 deportistas que abarcan dende as categorías máis pequenas, benxamíns, ata os máis maiores, másters…

Dende este ano, todos esos deportistas están baixo a dirección de Luis Velo, que ata a tempada pasada só se encargaba das categorías superiores, pero esta nova tempada 2019-20 farase cargo de toda a área de competición do club.

Terá como axudante a Álex Regueira para axudarlle con algunhas das categorías base.

En canto os obxectivos da tempada, é pronto aínda para falar deles. Ata que vaian un par de xornadas de liga non se sabe en que postos se van a estar movendo. A idea de L. Velo para os deportistas das categorías base, trata sobre formar e ensinar as técnicas de salvamento deportivo así como dos estilos de nado, para facer unha boa base técnica sobre a que poder traballar máis adiante o aspecto físico sen marcar ningún tipo de teito ós deportistas. Para as categorías superiores, salvo algúns cambios puntuais co fín de mellorar, seguirán na mesma liña que ata ahora, que tan bos resultados trouxo incluso a nivel nacional.

Para a primeira xornada de liga, que será este sábado, Velo tan só espera dúas cousas dos seus deportistas; que disfruten o campionato e aprendan dos rivais, e que os seus deportistas exhiban un bo nivel de nado técnico por todo o traballado durante este mes.”

Fuente // El Noticiero de Arteixo