Á Escola de Salvamento poden acceder todos aqueles nen@s de entre 3 e 8 anos que estean interesados en aprender a nadar e a defenderse no medio acuático. Abarca diferentes niveis: iniciación, perfeccionamento e precompetición.

Por mór da grande demanda que alberga esta área, inscrición na Escola de Salvamento segue o seguinte proceso:

1. PETICIÓN DE ENTRADA NA ESCOLA DE SALVAMENTO

Petición de ingreso na LISTA DE ESPERA da Escola de Salvamento.

2. RECEPCIÓN DA PETICIÓN

Recepción desa petición por parte do club e actualización da lista de espera.

3.CHAMADA PARA INCORPORACIÓN

Chamada á lista de espera en orde de antigüidade segundo vaia xurdindo espacio/oportunidade de incorporar novas altas nos diferentes grupos e niveis da Escola de Salvamento.